miércoles, 4 de octubre de 2017

Programa Orientación 2017-2018 para os estudantes do IES García Barbón

 A nova versión actualizada do Programa Orienta 2017-2018 xa esta á disposición dos estudantes do IES García Barbón.


 Temos a posibilidade de utilizar unha versión en liña –que se chama Orientaline- e que proporciona unha boa parte da información e dos recursos do programa orixinal.
O recurso está aquí: http://orientaline.es/?yafxb=41564 

 Tamén se pode descargar a versión completa do Programa Orienta 2017/2018. Para iso tedes que descargar na ligazón que se facilita: https://drive.google.com/file/d/0B3V9roItkj82STZoeXVXcVNwV2M/view?usp=sharing

 O programa presenta unha información moi completa e detallada dos diferentes título de Formación Profesional, dos graos universitarios, dobres graos e estudos de máster. Tamén ofrece datos sobre notas de corte, saídas profesionais e mercado laboral.



Complementariamente, dispoñemos de distintos cuestionarios que nos axudan na toma de decisións de futuro –cuestionarios para estudantes de 4º de ESO, alumnado de Bacharelato e cuestionario de profesións-.

 Presenta moitos itinerarios académicos a partir de 4º de ESO e facilita información sobre as ensinanzas especiais –artísticas, musicais, danza e arte dramática-. Tamén podemos atopar datos sobre outros estudos (ensinanzas deportivas, policia, idiomas, etc).

Horarios de titorías de grupos 2017/2018

Titorías de grupos 2017-2018 by dveiga on Scribd

Horario de atención ás familias e ao alumnado 2017/2018

Horario de atención ás familias e ao alumnado 2017/2018 by dveiga on Scribd

martes, 18 de julio de 2017

Persoas con prazas adxudicadas en Formación Profesional no IES García Barbón

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario.  O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 18 de xullo ata as 13:00 horas do luns 24 de xullo de 2017. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.

lunes, 3 de julio de 2017

Actividades extraescolares e complementarias 2016/2017 no IES García Barbón

Memoria Vicedirección Curso 2016 by dveiga on Scribd

Memoria anual 2016/2017 do IES García Barbón

Memoria Anual 16-17 by dveiga on Scribd

Calendario de exames e avaliacións de setembro

Calendario de Setembro 2017-Materias e Aulas (1) by dveiga on Scribd

Calendario de Setembro 2017 Resumo by dveiga on Scribd

Adrián Bolaño, do IES García Barbón, recoñecido como un dos mellores expedientes de Galicia

Adrián Bolaño Cabido -alumno do IES García Barbón- é un dos 597 estudantes con mellores expedientes de GaliciaO acto tivo lugar en Santiago de Compostela, e nel estiveron o seu pai e o director do IES García Barbón. A comunidade educativa do IES García Barbón síntese profundamente orgullosa e manifesta a súa Noraboa!




jueves, 20 de abril de 2017

Unha antiga alumna do IES García Barbón acada un “Premio de Excelencia Académica”

Unha antiga alumna do IES García Barbón acada un  “Premio de Excelencia Académica”



Paula Alonso Campos, estudante de 2º de Bacharelato do IES García Barbón -durante o curso 2015/2016- recibirá o día 20 de abril un dos Premios de Excelencia Académica que concede a Universidade de Vigo aos mellores expedientes académicos –cunha nota media de 9.9-. Noraboa! para Paula de parte da comunidade educativa do IES García Barbón.


Na entrega do Premio estivo -en nome do director- o secretario do centro e profesor de Economía Adrián Fernández García.

lunes, 3 de abril de 2017

O IES García Barbón participou en Agromáis Verin

Unha pequena mostra da nosa presenza co stand en Agromáis Verin o  día 1 de abril e 2 de abril de 2017. O IES García Barbón e o IES Castro de Baronceli promocionando a súa oferta formativa.
Moitas grazas aos estudantes de Automoción e Mantemento pola súa boa disposición para colaborar.
 Moitas grazas ao profesorado que estivo atendendo no stand!