Páginas

miércoles, 4 de octubre de 2017

Programa Orientación 2017-2018 para os estudantes do IES García Barbón

 A nova versión actualizada do Programa Orienta 2017-2018 xa esta á disposición dos estudantes do IES García Barbón.


 Temos a posibilidade de utilizar unha versión en liña –que se chama Orientaline- e que proporciona unha boa parte da información e dos recursos do programa orixinal.
O recurso está aquí: http://orientaline.es/?yafxb=41564 

 Tamén se pode descargar a versión completa do Programa Orienta 2017/2018. Para iso tedes que descargar na ligazón que se facilita: https://drive.google.com/file/d/0B3V9roItkj82STZoeXVXcVNwV2M/view?usp=sharing

 O programa presenta unha información moi completa e detallada dos diferentes título de Formación Profesional, dos graos universitarios, dobres graos e estudos de máster. Tamén ofrece datos sobre notas de corte, saídas profesionais e mercado laboral.



Complementariamente, dispoñemos de distintos cuestionarios que nos axudan na toma de decisións de futuro –cuestionarios para estudantes de 4º de ESO, alumnado de Bacharelato e cuestionario de profesións-.

 Presenta moitos itinerarios académicos a partir de 4º de ESO e facilita información sobre as ensinanzas especiais –artísticas, musicais, danza e arte dramática-. Tamén podemos atopar datos sobre outros estudos (ensinanzas deportivas, policia, idiomas, etc).

No hay comentarios:

Publicar un comentario